publicidade hoxe

Retiran un vehículo abandonado en Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Retirada do vehículo

Retirada do vehículo

Operarios da empresa concesionaria do servizo de retirada de vehículos abandonados na vía pública subscrito pola Deputación de Pontevedra e os municipios da provincial, entre eles o de Ponte Caldelas, procederon a cargar nun guindastre un automóbil que estaba estacionado sen rodas e en moi mal estado nun parking dun supermercado de localidade.

O Concello de Ponte Caldelas abriu un total de 11 expedientes pola presenza deste tipo de vehículos abandonados na vía pública mercé á denuncia realizada, na súa práctica totalidade, pola Garda Civil ou a Policía Autonómica.

Mediante este acordo, o Concello de Ponte Caldelas estará obrigado, no caso de vehículos abandonados, a proporcionarlle á empresa concesionaria do servizo información e documentación necesaria para proceder a retiralo e poder realizar a súa posterior descontaminación e dalo de baixa en Tráfico. Para iso acompáñase dun oficio da Policía Local ou dun responsable do Concello.

En caso de localizarse un vehículo abandonado en vía pública e sempre que sexa posible, o Concello debe identificar os datos do propietario e realiza unha fotografía do vehículo. Unha vez que se realice a súa retirada e se tramite a súa baixa definitiva en Tráfico, esta será irreversible.

A Deputación Provincial, a través da empresa concesionaria, recolle e transporta ata as súas instalacións, a solicitude do Concello de Ponte Caldelas, aqueles vehículos abandonados que se consideren residuo conforme ás disposicións vixentes. Esta retirada faise nun prazo máximo de 15 días desde a súa petición, recollendo a documentación necesaria para proceder á súa baixa definitiva en Tráfico.

Este servizo de retirada, que leva en funcionamento desde o ano 2011, non ten custo algún para o Concello de Ponte Caldelas e a empresa deberá depositar os vehículos recolleitos nas súas instalacións durante o prazo máximo necesario para o seu descontaminación, segundo establece a normativa. Tamén terán que someter ao vehículo a procesos de desmonte e descontaminación segundo o prescrito no Real Decreto 1383/2002 (art. 4).

Para Perfecto Rodríguez este é un exemplo de competencia que asume a Deputación como asistencia e apoio a municipios da provincia, en especial os menores de 20.000 habitantes, posto que para estes concellos sería complicado e máis custoso ter un servizo propio de retirada de vehículos abandonados.

23 de marzo de 2015 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.