publicidade hoxe

Entrega dos premios do VII Concurso de contos pola igualdade do CIM de Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Entrega de premios

Entrega de premios

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, fixo entrega a Fernanda del Carmen Moraes Vidal, de 5 ºB do CEIP Cordo Boullosa, e Antonella Chamadoira de Santis, de 6º do CEIP A Reigosa, unha táblet e un diploma acreditativo de ser as vencedoras no VII Concurso de Contose pola Igualdade convocado polo CIM desta localidade.

Tanto Fernanda del Carmen Moraes coma Antonella Chamadoira inspiraron os seus respectivos relatos na marxinación salarial que sofren moitas mulleres que, a pesar de desempeñar a mesma tarefa que un home en condicións similares dos seus postos de traballo, reciben unha menor remuneración económica.

Ao VII Concurso de Contose pola Igualdade presentáronse un total de 65 traballos e as galardoadas foron obsequiadas cunha táblet que lles entregou o alcalde nun acto celebrado no salón de actos dos seus respectivos centros educativos onde tamén se repartiron diplomas aos participantes.

Este concurso enmárcase dentro das actividades previstas este ano polo Centro de Información á Muller do Concello de Ponte Caldelas no seu obxectivo de promover a igualdade de xénero no municipio ao tempo que este acto conmemora ou 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

O alcalde Perfecto Rodríguez, ademais de felicitar ás premiadas, destacou a capacidade creativa do alumnado participante que non só escribiu senón que ilustrou con debuxos os contos. Ademais agradeceu tamén a implicación do profesorado con esta iniciativa e que resultan un abandeirados na importancia do fomento das actitudes non sexistas, e na modificación dos roles e estereotipos tradicionalmente asignados introducíndoos como contidos escolares”.

Así mesmo, responsables do CIM de Ponte Caldelas indicaron que este concurso se convocaba dende fai xa sete anos coa intención de que incentivar que “o ensino fomente os valores da igualdade desde as idades máis temperás, para inculcar así o respecto e o trato sen distinción entre homes e mulleres. Con este premio perséguese tamén, eliminar a linguaxe, a gramática e o vocabulario sexista, tan presentes na vida cotiá dos máis pequenos, polo que se fai necesario afianzar o papel da escola na transmisión destes valores de equidade”.

9 de marzo de 2015 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.