publicidade hoxe

A ampliación da EDAR Neda conectará toda a zona rural logrando un verquido cero á ría

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, destacou esta mañá en rolda de prensa o investimento de máis de 708.000 euros que recibirán dous servizos estratéxicos para a real vila nos orzamentos da Xunta de Galicia do 2015. Trátase da ampliación da estación depuradora e da creación da primeira escola infantil de Neda para nenos de cero a tres anos. Respecto á partida aprobada en materia de saneamento, o rexidor asegurou que a Xunta premia o esforzo realizado por Neda e polos seus veciños durante os últimos trinta anos. Periodo que leva funcionando a estación depuradora, evitando o verquido á ría e minimizando por tanto o seu efecto negativo. Para Ignacio Cabezón, así o entendeu a Xunta e, agora, é de xustiza agradecerlle a inversión aprobada.

Pero, ¿que permitirá a obra proxectada? O alcalde sinalou que duplicaráse a capacidade da estación depuradora para poder procesar todo o contido dos alcantarillados realizados nos últimos sete anos. En Anca, Viladonelle e O Puntal. Conectaráse así toda a zona rural á depuradora, equiparándose coa zona centro. Non só iso, Ignacio Cabezón apuntou que cos traballos tamén se poderá retirar unha parte importante de auga limpa procedente dos alcantarillados próximos ao río e que, a día de hoxe, dificultan o traballo da depuradora –en esencia, melloraráse o seu funcionamento separando augas limpas e fecais. En definitiva, e en palabras do alcalde, este investimento, de 526.000 euros, permitirá que a práctica totalidade do territorio de Neda quede conectado á depuradora salvo casos especiais, que requerirán de solución alternativas como minidepuradoras xa en estudo.

E é que a solución convencional sería inviable polo elevado custo derivado do bombeo. En canto a saneamento, Ignacio Cabezón recordou que, na actualidade, en Neda só está pendente de realizar un tramo de saneamento na zona do Puntal. Indicou que o proxecto está elaborado e tamén feita a valoración económica dos traballos, de modo que o seguinte paso a dar será obter a autorización dos veciños para poder cruzar polos seus terreos. En resumen, este premio ao esforzo de Neda por depurar as súas augas obtén recompensa. Neda será autónoma en canto a depuración de aguas e os seus veciños evitarán sobreesforzos económicos que traen consigo outras alternativas.

En relación á futura escola infantil, a Xunta recolle unha partida de 182.000 euros nas súas contas. O alcalde informou de que ese orzamento destinaráse á rehabilitación da antiga escola unitaria do Empedrón e conversión neste tipo de instalacións. O proxecto, elaborado no seu día polo Concello, xa recibiu o visto bo da Xunta e, agora, o seguinte paso a dar será a licitación das obras. Ese paso poderáse dar a partires de xaneiro. E, paralelamente, tamén se poderá sacar a contratación a xestión do futuro centro. De feito, o Concello xa traballa nos pliegos nos que o alcalde, matizou, que os nenos e nenas de Neda terán preferencia absoluta. Engadiu que a día de hoxe estímase unha demanda de entre 10 e 12 nenos e que as prazas previstas rondarán as 45. Así mesmo, explicou que no seu momento estableceránse axudas e descontos en función tamén da situación económica das familias solicitantes. Así mesmo, significou que estes investimentos non chegan por casualidade, senón que detrás dos anuncios están horas e horas, meses e meses, de xestións, traballos, reunións…

22 de outubro de 2014 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.