publicidade hoxe

Esta semana rematan os traballos de mellora en dez centros de infantil, primaria e secundaria da área de Santiago e do Barbanza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaArzúaBoimortoLocal PortadaMelideNoiaOrdesOrosoRiveiraSantiago de Compostela
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Xefatura Territorial, rematará esta semana diversas obras de mellora en dez centros de ensino de Santiago de Compostela e da súa área, así como do Barbanza. A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, explicou que se está a aproveitar o período non lectivo de Semana Santa para levar a cabo estas obras, co fin de non interferir no desenvolvemento normal da actividade académica.

O departamento autonómico consignou un orzamento de 88.300 euros para a realización destas actuacións de mantemento e acondicionamento das instalacións educativas. Así, en Santiago de Compostela estase a traballar no colexio de Educación Infantil e Primaria Lamas de Abade para renovar a carpintería das aulas do andar baixo e nos institutos de Educación Secundaria de Sar e Xelmírez I para reparar un canalón e as baixantes e para retirar a rela nas pezas do museo, respectivamente.

En Boimorto, estase a substituír a caldeira do colexio Armando Cotarelo Valedor, mentres que no CEIP de Mesón do Vento, de Ordes, estase a arranxar os depósitos de gasoil. Na mesma liña, as actuacións de mantemento e revisión das instalacións eléctricas, así como a reparación dos danos ocasionados polos últimos temporais esténdense aos IES de Arzúa, de Melide e de Oroso e ao colexio Felipe de Castro de Noia. No caso do instituto Nº 1 de Ribeira, a intervención consiste na reforma da cuberta do ximnasio.

O obxectivo destas actuacións, segundo indicou Do Campo, é dar resposta ás necesidades educativas detectadas en cada municipio e mellorar as condicións de traballo e estudo dos mestres e alumnos. Ademais, todas as medidas foron consensuadas coas comunidades educativas de cada centro.

19 de abril de 2014 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.