publicidade hoxe

Os concellos da bisbarra de Celanova e da Baixa Limia realizarán actividades de promoción turística de forma conxunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BolaA MercaBandeCartelleCelanovaEntrimoGomesendeLobeiraLobiosLocal PortadaMuíñosOurensePadrendaQuintela de LeiradoRamirásVerea
A-
A+

Unha ampla representación dos alcaldes e alcaldesas das Terras de Celanova e da Baixa Limia mantiveron onte unha reunión na Casa de Cultura de Muíños co xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez e coa xefa de servizo de Planificación Turística e Programas Europeos da Secretaría Xeral para o Turismo, Laura González-Dopeso, co fin de abordar a posibilidade de constituír unha asociación de municipios conformada polos concellos que formarán parte do Xeodestino denominado “Terras de Celanova-Baixa Limia” a través da cal poder canalizar de forma conxunta, coordinada e unívoca o futuro turístico de ámbalas dúas demarcacións coma un único destino turístico.

Na reunión, ademais de José Manuel Rodríguez e Laura González, participaron os alcaldes e alcaldesas de Cartelle, A Bola, Ramirás, Quintela de Leirado, Celanova, Bande, Lobios, Entrimo e Muíños, que actou de anfitrión e que será o concello que lidere a asociación, tendo en conta que pola nova normativa que regula o asociacionismo intermunicipal un municipio debe actuar sempre como cabeceira de proxecto.

O programa inicial contempla a posibilidade de redactar un Plan Director conxunto que marque a pauta das posibles iniciativas de futuro no ámbito do turismo para este territorio, de forma que poidan seren incluídas nos Plan Integral de Turismo presentaron recentemente polo presidente da Xunta de Galicia, así como na Plan Termal para Ourense que tamén foi presentado recentemente no Teatro Principal polo presidente da Xunta e polo presidente da Deputación Provincial e no que está a traballar moi activamente nestes intres o Inorde co seu xerente á fronte.

Cabe salientar que, despois de moitos anos de propostas que non pasaron nunca a liña das declaracións de intencións e incluso despois de teren sido dados algúns pasos hai uns anos para promover a constitución dun consorcio de turismo, por primeira vez se van xuntar os 14 municipios que constitúen estas dúas demarcacións comarcais (non está integrado o Concello de Pontedeva, que nos xeodestinos foi incluído na comarca do Ribeiro) para afondar nas estratexias destinadas, non tanto ó desenvolvemento de infraestructuras, canto á posta en valor dos recursos patrimoniais, culturais, xeográficos e naturais cos que conta esa zona sur da provincia de Ourense.

Os Concellos que serán integrados no xeodestino “Terra de Celanova-Baixa Limia” son:

A Merca, Cartelle, A Bola, Ramirás, Gomesende, Padrenda, Quintela de Leirado, Celanova, Verea, Bande, Lobeira, Muíños, Entrimo e Lobios

20 de marzo de 2014 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.