publicidade hoxe

A Xunta organiza unha xornada formativa sobre a xestión online a través da sede electrónica para o sector madeireiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ofrecen aos empresarios do sector da madeira unha xornada formativa para facilitarlles a xestións online a través da sede electrónica da Xunta, tras a publicación no DOG o pasado xoves, 26 de abril da Orde pola que se regulan os aproveitamentos madereiros e leñosos, que recolle a presentación telemática obrigatoria, para todas as persoas xurídicas e aos seus representantes, así como ás entidades sen personalidade xurídica.

A xornada celebrarase o martes, 15 de maio, baixo o nome “Tramitación electrónica en aproveitamentos madeireiros e leñosos – Faite dixit@l e tramita nun clic”. Haberá dúas sesións, unha de mañá, de 10.00 a 12.00 horas, e outra de tarde, de 16.00 a 18.00 horas, nas instalacións do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela, que serán retransmitidas por videoconferencia en 23 aulas da Rede CeMIT.

Cada ano tramítanse en Galicia milleiros de solicitudes de autorización, declaración responsable e comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos por empresas e particulares, que coa tramitación online poden realizar estar xestións en calquera momento e sen desprazamentos. Cabe destacar que, aínda que a obrigatoriedade da xestión online non abrangue aos particulares, si lles pode resultar interesante a xornada para realizar trámites como a declaración responsable, que lles permite realizar o aproveitamento forestal desde o mesmo intre da súa presentación, polo que a presentación electrónica ten unha utilidade inmediata.

O enfoque da xornada será práctico e estruturarase nos seguintes puntos:
1.-Identificación de procedementos de autorización, declaración responsable e comunicación final.
2.- Aplicación de formularios CORWEB na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
3.- Presentación na Sede Electrónica con distintos medios sinatura electrónica.
4.- Rolda de preguntas.
En total, ofrécense máis de 360 prazas, das que 50, (25 de mañá e 25 de tarde), están dispoñibles presencialmente na aula CeMIT no CDTIC en Santiago de Compostela e o resto para seguir por videoconferencia.

Inscrición á xornada

As persoas interesadas en seguir esta xornada poden achegarse á aula do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela ou ben a calquera das aulas CeMIT, que mostraron o seu interese en retransmitir a través de videoconferencia á mencionada xornada e así achegar esta formación por toda Galicia.

A asistencia ás sesións é de balde ata completar o aforo de cada aula, sendo recomendable a inscrición previa para garantir a reserva de praza.

No caso de asistir presencialmente nas instalación do CDTIC en Santiago de Compostela pode inscribirse na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.gal/e-madeira) ou mesmo por correo no enderezo cdtic@xunta.gal .

No caso de seguir a xornada por videoconferencia nalgunha das aulas CeMIT, a inscrición poderá realizarse tanto na web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal/buscador), como contactando co responsable da aula CeMIT á que acudirá, ou ben enviado un correo a cemit@xunta.gal. Pódense consultar os datos de contacto das aulas CeMIT na seguinte ligazón: https://cemit.xunta.gal/centros

10 de maio de 2018 | 15:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.