publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un estudo de dinámica litoral definirá as medidas máis viables de cara á recuperación da praia de Covas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaViveiro
A-
A+

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, realizaron unha visita técnica, no municipio lugués de Viveiro, para comprobar in situ o resultado do transvasamento de 33.000 metros cúbicos de area na praia de Covas, obra que rematou a pasada semana.

Estes traballos, que contaron cun orzamento que superou os 100.000 euros financiados integramente con fondos autonómicos, permitiron trasladar area desta praia desde a zona de levante aos primeiros 500 metros da zona de poñente, de tal forma que se freou de xeito provisorio a regresión da citada praia e se ofrece protección ao paseo marítimo contiguo.

Na actualidade a metade da praia de Covas foi perdendo area ata desaparecer o espazo seco en pleamar, de xeito que o efecto das ondas, cando batían sobre o muro do paseo marítimo, provocaban avarías que poñen en perigo a súa estabilidade.

Solución definitiva

Con todo, os responsables autonómicos explicaron que o actual transvasamento foi unha media transitoria e preventiva e avanzaron que xa foi contratado un exhaustivo estudo de dinámica litoral que presente as medidas correctoras máis viables para ofrecer unha solución definitiva á praia de Covas.

A execución de dito estudio asumido por Costas do Estado, de acordo co compromiso adquirido con Portos de Galicia, ofrecerá distintas alternativas e permitirá consensuar a mellor opción técnica para dar unha solución permanente. O remedio elixido será executado conxuntamente por Portos de Galicia e Costas, únicas administracións que traballan para frear o deterioro deste areal.

8 de novembro de 2017 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.