publicidade hoxe

A Festa da Chula reunirá a máis de 1.000 persoas en Moscoso este fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

Este ano, actuarán ademais un grupo de música popular durante a festa, que ademais contará  con venda de produtos ecolóxicos e artesanais da zona. O pregón correrá a cargo do medallista olímpico Chano Rodriguez, veciño da parroquia de Nespereira. A organización espera a asistencia de máis  de mil persoas, como xa sucedeu en edicións anteriores.

A Festa da Chula naceu da idea de relanzar a antiga feira de Moscoso e que facía anos que non se celebraba. Tras analizar o funcionamento da antiga feira, obsérvase que o oitenta por cento dos negocios baseábanse no gando. Como no ano 2001, que foi o primeiro ano de celebración da festa, o mercado de gando era practicamente inexistente, estudouse como atraer visitantes. Foi entón cando xurdiu a idea de realizar unha festa gastronómica.

 A chula, similar á “filloa”, foi base de sustento da poboación desta aldea noutros tempos. Millo, ovos e leite eran suficientes para a realización da chula. A esta festa acoden todos os anos unhas mil cincocentas persoas, que atopan nesta parroquia un lugar perfecto para comer en harmonía e tranquilidade e onde poden degustar suculentos pratos.

2 de setembro de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.