publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Portos de Galicia destina 241.000 euros á mellora dos medios de amarre e defensas do peirao de Celeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaViveiro
A-
A+

Portos de Galicia destina máis de 241.000 euros á mellora dos medios de amarre e defensas do peirao de Celeiro, en Viveiro. O presidente do ente público, José Juan Durán, presentou esta mañá o proxecto durante a visita ao porto mariñán.

Esta instalación portuaria verá mellorada a súa seguridade e operatividade grazas á colocación de novos medios de amarre e defensas en varias zonas de atraque de embarcacións. Así, colocaranse morróns e defensas verticais de caucho e rosario atendendo ás recomendacións para as obras marítimas (ROM).

No marco destas actuacións está prevista a colocación de 12 defensas tipo vertical de caucho, que substituirán as antigas no peirao comercial, así como 5 novos morróns de 75 toneladas de carga en aceiro para atraques que faciliten a carga de minerais. Finalmente no peirao pesqueiro colocaranse outros 6 morróns de 50 toneladas de carga, 13 defensas verticais e outras 6 de rosario.

Ademais, tamén se realizarán outras obras complementarias como é o repintado da cantoneira do peirao comercial e do pesqueiro, nun tramo de 535 metros lineais de peirao. Esta actuación reafirma o compromiso da Consellería do Medio Rural e do Mar, a través de Portos de Galicia, cun porto puxante e competitivo.

10 de xuño de 2015 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.