publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Campaña do Día da Nai dos Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaViveiro
A-
A+

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste venres 24 de Abril a Campaña do Dia da Nai. Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar esta data, o sorteo dun fantástico diamante, unha espectacular xoia coa que agasallar ás nosas nais.

Os interesados poderán participar entregando un ticket de compra de calquera dos negocios asociados ao CCHV, cun importe mínimo de 15€, na carpa que se instalará na Praza Maior o sábado día 2 de maio.

No reverso do ticket poranse os seus datos de contacto e depositaranse nunha urna habilitada ao efecto. O horario será de 11 a 14 horas e de 17 a 20:30 horas.

Os tickets serán válidos polas compras realizadas desde o venres 24 de abril até o sábado 2 de maio.

Só se poderá participar con tickets de valor a 15€ ou superior (non se permite a acumulación de varios tickets de cantidades inferiores ata sumar os 15€)

O sorteo realizarase o luns 4 de maio ás 16:00 horas nas oficinas da Asociación, comunicándoselle de inmediato ao gañador. En caso de renuncia ao premio, procederase á extracción dun novo ticket ata que apareza gañador.

Os obxectivos perseguidos con todas as campañas que pon en marcha a asociación, son por unha banda a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por comprar no comercio local, e por outra banda fomentar a unión de todos os comerciantes da zona para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.

As bases do sorteo e toda a información pódese consultar na web www.viveirocentro.com, no perfil de Facebook, Twitter e Tuenti.

24 de abril de 2015 | 11:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.