publicidade hoxe

A Factoría de Innovación da Coruña analiza as vantaxes da innovación en Sada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSada
A-
A+

O vindeiro mércores, día 7 de maio, ás 19:00 horas, a sala de conferencias do Concello de Sada, situada na planta baixa da Oficina da Mocidade, na Praza da Pescadería, acollerá a xornada “Innovación, a supervivencia do pequeno comercio ante a crise”, organizada pola Factoría de Innovación da Coruña, promovida por a Escola de Organización Industrial (EOI) e a Deputación da Coruña; e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

O principal obxectivo desta acción, dirixida a emprendedores e empresarios, é presentar as alternativas existentes para aplicar a innovación ao pequeno comercio e conseguir facer fronte ao contexto de crise xeneralizada que atravesamos. Durante o encontro analizaranse as pautas a seguir para poder establecer medidas innovadoras neste tipo de empresas e realizarase un adestramento avanzado sobre a xeración de ideas no sector. Así mesmo, celebrarase unha mesa redonda na que representantes de pequenos comercios galegos compartirán cos asistentes a súa experiencia no desenvolvemento de prácticas innovadoras nos seus negocios.

5 de maio de 2014 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.