publicidade hoxe

A Xunta apoia a publicación, distribución e comercialización de 376 obras de 45 editoriais galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaProvincias
A-
A+

A Xunta de Galicia apoia este ano un total de 47 editoriais galegas nos gastos de edición, distribución e comercialización de 376 obras literarias. Así se recolle na resolución que publica o Diario Oficial de Galicia da liña de axudas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, dotada de 250.000 euros —50.000 máis ca convocatoria do pasado ano— coa que se impulsa o sector editorial galego e se facilita que as súas obras cheguen ao público.

En concreto, as axudas van dirixidas á edición, distribución e comercialización das súas publicacións nos idiomas cooficiais en Galicia ou noutros idiomas, editadas e distribuídas entre o 1 de novembro de 2023 e o 30 de setembro de 2024.

Ao abeiro desta liña de apoio, a Xunta contribúe aos gastos derivados de tradución e corrección, revisión, maquetación, custos de preimpresión, dixitalización, así como accións de comercialización como campañas de márketing e publicidade en diferentes medios e canles ou gastos de distribución.

Esta acción dá resposta ao Plan Xeración Cultura, a folla de ruta do Goberno galego para este ano que inclúe unha batería de accións para impulsar ao sector cultural galego en todas as súas vertentes. No eido do sector dos libros, inclúe medidas para de proxección exterior, presenza nas feiras do libro de Galicia, na adquisición de novidades editoriais, así como con actividades de dinamización para a lectura, entre outras.

24 de abril de 2024 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.