Un pescador foi rescatado tras caer nunhas rochas fronte á illa de Sarón, en Xove
A tripulación do helicóptero ‘Pesca II’ rescatou na tarde deste martes un pescador que caeu nunhas rochas fronte á illa de Sarón, en Xove (Lugo).
Foi o propio implicado o que puxo en contacto co 112 Galicia para solicitar axuda, segundo informa este organismo. El mesmo indicou que tiña, probablemente, unha perna rota e un dedo afectado, apunta.
Debido á dificultade de acceder á zona en que estaba o afectado por terra, o centro de emerxencias informou da situación a Salvamento Marítimo, que recomendou o desprazamento do ‘Pesca II’.
Tras o rescate, o home foi trasladado pola aeronave ata o Hopistal da Costa, en Burela. No operativo participaron, ademais, Urxencias Médicas, Protección Civil de Xove, Policía Local, Bombeiros de Viveiro, GES de Cervo e Garda Civil. O suceso tivo lugar sobre as 15,30 horas.