O Concello de Curtis presenta unha denuncia polos actos vandálicos en Teixeiro
O Concello de Curtis presenta unha denuncia polos actos vandálicos producidos a noite do sábado 20 de xullo en Teixeiro.
Producíronse importantes danos no mobiliario urbano do parque Ánxeles Penas en Teixeiro. Os actos vandálicos durante a noite do sábado provocaron o peche da piscina de Teixeiro o domingo, ademais o custo para repoñer o mobiliario supera os 2000 €.
No fondo e ámbito da piscina había moitos cristais de botellas rotos o que demostra a intencionalidade dos infractores e a mala fe.