publicidade hoxe

A Policía Autonómica comisa catro quilos de percebe na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaGaliciaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da xefatura da Coruña comisaron onte nesta cidade catro quilos de percebe. A incautación realizouse en colaboración con confrarías de pescadores da área coruñesa no marco dun dispositivo de prevención do furtivismo.

Os axentes interceptaron e identificaron dúas persoas, das que posteriormente comprobaron que xa contaban con denuncias previas relacionadas co marisqueo ilegal. Ademais dos percebes, comisaron dous salabardos e unha rapa.

A Policía Autonómica levantou dúas actas de presunta infracción da Lei de pesca de Galicia e o marisco comisado foille entregado a un centro benéfico da cidade coruñesa.

O operativo enmárcase no reforzo realizado pola Policía Autonómica no eido da loita contra o furtivismo, en colaboración coa Consellería do Mar. O traballo céntrase en dispositivos dirixidos a impedir a actuación dos furtivos, tanto na actividade extractiva como na venda, transporte e distribución do produto, sen as debidas garantías sanitarias.

20 de abril de 2023 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.