publicidade hoxe

Conclúen as obras do proxecto Pontus Pedestrian en Baiona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Ignacio López-Chaves na visita ao remate das obras

Ignacio López-Chaves na visita ao remate das obras

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse hoxe ata o concello de Baiona coincidindo co remate das obras do proxecto Pontus Pedestrian, realizado ao abeiro dunha das liñas de axudas postas en marcha pola Consellería de Cultura e Turismo neste ano 2018. Os traballos consistiron na construción dunha pontella peonil de madeira na praia da Ladeira, cunha achega de preto de 29.000 euros por parte da Administración autonómica.

Cómpre lembrar que o Goberno galego ampliou este ano os fondos dirixidos a concellos, mancomunidades ou xeodestinos, entre outros, co obxectivo de afondar na colaboración coas administracións locais e mellorar as infraestruturas turísticas a través do seu embelecemento, a mellora da sinalización ou da accesibilidade, principalmente. Así, a liña para potenciar estes recursos incrementouse ata os 2,8 millóns de euros. Ademais, mentres que ata agora procedían de fondos europeos, nesta edición pasaron a ser fondos propios.

10 de outubro de 2018 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.