A Banda de Música Xuvenil de Torroso actúa no IX Certame Galego de Bandas de Música
O vindeiro sábado 21 de novembro ás 16.30 horas, a Banda de Música Xuvenil de Torroso, participará no IX Certame Galego de Bandas de Música que organiza a Federación Galega de Bandas e que se celebrará no Auditorio Galicia, en Santiago de Compostela.
Supón un evento moi importante que recoñece a valía da Banda de Música Xuvenil de Torroso a nivel autonómico.
Por outra banda, esta fin de semana, o Centro Dotacional de Torroso acolle un festival de playback. Será o domingo día 22 de novembro ás 18:00 horas e participarán os grupos de playback do Centro Cultural Abrente e Noites Meigas de Guizán.