Xuntanza entre as tres universidades públicas galegas e a Xunta para acadar unha mellor organización e xestión da PAU

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerdaXuventude
A-
A+

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP reúnese cos reitores na procura dunha maior seguridade e igualdade do alumnado nas Probas de Acceso á Universidade.

A Xunta de Galicia e as tres universidades públicas galegas veñen de iniciar o diálogo para a mellora da organización e da xestión operativa da Proba de Acceso á Universidade (PAU) en Galicia. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse hoxe cos reitores das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, Rosa Crujeiras, Ricardo Cao e Carmen García respectivamente.

Na xuntanza, na que tamén participou o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, o conselleiro trasladou a aposta da Xunta para acadar un modelo de exame o máis seguro posible e que blinde a igualdade de oportunidades da mocidade no acceso á universidade, que opera como un distrito único para o que actualmente hai 17 portas de entrada distintas.

Neste senso, acordouse comezar a traballar de xeito dialogado nunha folla de ruta para establecer melloras de carácter estrutural e conxuntural, sempre dentro do marco normativo establecido no Real Decreto estatal de 2024.

1 de xullo de 2026 | 21:27 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario