Preocupación dos emprendedores ante o elevado impacto do absentismo laboral en Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo unha reunión esta mañá co Presidente de Ascega (Asociación de emprendedores de Galicia), Alfonso Salazar, quen lle trasladou as súas inquietudes e preocupacións ante o aumento do número de baixas e outras incidencias laborais que afectan á viabilidade das pequenas e medianas empresas.

A Delegada comunicoulle que dende a Xunta de Galicia, e ante a preoucupante situación do crecemento das incapacidades temporais, búscase a reducción daquelas que poidan ser evitables, con medidas de carácter transversal adoptadas nos dintintos ámbitos. 

No ámbito sanitario a Consellería de Sanidade reforzou con 18 novos profesionais aos equipos de inspección dos servizos sanitarios (6 dos cales para a provincia de A Coruña), co que se busca acadar unha maior eficiencia na xestión dos procesos das IT.

Trátase dun fenómeno complexo que implica a distintas administracións e axentes, o que require unha resposta coordinada garantindo en todo momento os dereitos das persoas traballadoras.

Con este obxectivo, a Xunta aposta polo diálogo social como mellor ferramenta parta afrontar este desafío, xa que é unha cuestión que afecta á productividade, á competitividade das empresas e ao conxunto da economía galega.

16 de xullo de 2026 | 01:15 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario