Medio rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08.30 h. de hoxe
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 08.30 horas de hoxe.
A CORUÑA
Controlado Vimianzo-Laxe
Ás 23.37 horas de onte deuse por controlado o incendio rexistrado nos concellos coruñeses de Vimianzo e Laxe, que se fusionou, como un único lume, tras unirse os iniciados na parroquia de Salto, en Vimianzo, ás 20.16 horas do sábado, e na de Nande, en Laxe, ás 21.55 horas tamén dese día.
Segundo as últimas estimacións provisionais, este incendio afecta en conxunto unha superficie arredor de 220 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora, de xeito acumulado e conxunto, 4 técnicos, 41 axentes, 48 brigadas, 44 motobombas, 5 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 1 avión.
LUGO
Activo Ribas de Sil-Soutordei
Segue activo, desde as 18.22 horas do sábado, o incendio do concello de Ribas de Sil, parroquia de Soutordei, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 140 hectáreas.
Neste lume foi preciso declarar a Situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade ao núcleo de Chenzas, unha situación operativa que quedou desactivada na madrugada do domingo. Para a extinción deste incendio mobilizáronse, polo de agora, de xeito acumulado, 7 técnicos, 30 axentes, 41 brigadas, 31 motobombas, 4 pas, 9 helicópteros e 8 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.











