As agrupacións forestais de xestión conxunta como ferramenta para impulsar unha xestión produtiva do monte galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, mantivo na mañá de hoxe unha reunión de traballo con representantes da Asociación Forestal de Galicia, con quen abordou as vantaxes que ofrecen as Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta para impulsar unha xestión produtiva e sustentable do monte galego.

Neste sentido, a directora xeral coñeceu en primeira persoa o traballo que se está a desenvolver por parte da Asociación Forestal de Galicia neste eido, xa que levan a cabo un importante labor á hora de representar aos propietarios forestais e ofrecerlles asesoramento técnico. Así, abordaron a posibilidade de seguir impulsando de xeito conxunto esta figura, moi beneficiosa para o sector forestal da comunidade. Luisa Piñeiro lembrou que, despois das diferentes liñas de axudas convocadas pola Consellería do Medio Rural para fomentar este tipo de asociacións, está prevista a creación de arredor de 40 novas, chegando así a un total de 65 rexistradas na comunidade.

1 de xullo de 2026 | 21:05 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario