Medio Rural informa da situación dos lumes forestais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 14.45 horas de hoxe.

A CORUÑA

Estabilizado A Capela-A Capela

Ás 14.28 horas de hoxe deuse por estabilizado o incendio forestal do concello da Capela, parroquia homónima, que se iniciaba onte domingo ás 04.06 horas e que segundo segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de unhas 30 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 2 técnicos, 14 axentes, 21 brigadas, 22 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros e 2 avións.

OURENSE

Estabilizado A Mezquita-Manzalvos

Segue estabilizado, desde as 22.15 horas de onte domingo o lume do concello da Mezquita, parroquia de Manzalvos, que entrou desde Portugal ás 07.18 horas de onte. Segundo as últimas estimacións provisionais a superficie afectada en Galicia é de 50 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 12 axentes, 20 brigadas, 13 motobombas, 4 pas, 7 avións e 7 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

22 de xuño de 2026 | 17:16 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario