O lume no concello da Mezquita en Ourense está controlado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

O lume afecta unha superficie de 30 hectáreas.

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello ourensán da Mezquita, parroquia de Chaguazoso, quedou controlado ás 17.13 horas de hoxe, mércores.

O lume iniciouse ás 19.46 horas de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 30 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 3 técnicos, 8 axentes, 15 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

2 de xullo de 2025 | 23:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.