Impulso o uso da madeira na construción para avanzar no camiño da descarbonización

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández, asistiu á V edición do Forum Internacional da Construción con Madeira.

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, avogou hoxe por impulsar o uso da madeira na construción toda vez que este material achega solucións innovadoras e sustentables de cara a avanzar no camiño da descarbonización.

Fernández Ríos asistiu á V edición do Forum Internacional de Construción con Madeira que se está a celebrar en Pamplona no que participan expertos e profesionais do sector forestal-madeira e no que se expoñen as novidades no emprego da madeira na construción. Trátase, segundo explicou, de impulsar a innovación, a competitividade, o desenvolvemento e a diversificación neste sector.

15 de maio de 2025 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.