publicidade hoxe

Compromiso de seguir traballando por unha sociedade máis inclusiva no Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerdaSociedadeXuventude
A-
A+
Usuarios  do Centro de Atención Terapéutica Diúrna de Aspanaes no Monte do Gozo

usuarios do Centro de Atención Terapéutica Diúrna de Aspanaes no Monte do Gozo

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou aos usuarios  do Centro de Atención Terapéutica Diúrna de Aspanaes no Monte do Gozo, onde lles trasladou o compromiso da Xunta de Galicia de seguir traballando por unha sociedade máis inclusiva, con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Así mesmo, puxo en valor o imprescindible traballo que desenvolven as entidades sociais, as principais aliadas para seguir mellorando os servizos e a atención.

Begoña Abeijón fixo fincapé na intensa colaboración entre a Administración autonómica e o tecido asociativo para seguir poñendo en marcha recursos de atención específicos. Deste xeito, lembrou que a Xunta de Galicia está a investir 4M€ na construción da nova residencia de Friol para persoas con autismo, un recurso pioneiro no conxunto do Estado.

Ademais, lembrou que o Executivo autonómico traballa tamén para seguir ampliando as prazas públicas nos diferentes servizos, deste xeito o Centro de Atención ás Persoas con Discapacidade de Ourense contará con 20 prazas específicas para a atención ás persoas con autismo e proximamente financiaranse tamén novas prazas nos centros da Asociación Bata en Vilagarcía.

Neste sentido, a Xunta segue reforzando tamén as unidades de atención temperá que permiten acompañar e asesorar ás familias con nenos e nenas de ata seis anos que sofren problemas de desenvolvemento. Unha atención que é fundamental nos primeiros anos de crecemento e que xa ofrecen servizo a 200 concellos galegos.

3 de abril de 2025 | 10:47 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario