publicidade hoxe

Rueda mantén un encontro co presidente do Uruguai para estreitar lazos entre os dous territorios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada esquerda
A-
A+

Encontro dos presidentes

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, valorou hoxe novas vías de colaboración co Uruguai nun encontro co recentemente investido presidente, Yamandú Orsi. Nesta liña, o titular do Goberno galego agradeceu o recibimento e considerou a invitación como un “recoñecemento á presencia e a potencia da comunidade galega no Uruguai”.

O titular do Goberno galego sinalou o desexo de “seguir mantendo esas relacións estables entre Galicia e Uruguai” e recalcou “os lazos históricos, culturais e humanos” entre Uruguai e Galicia como consecuencia da emigración galega. Uns emigrantes que, segundo afirmou o presidente, contribuíron ao desenvolvemento do país suramericano e de Galicia.

Rueda tamén enumerou algúns dos temas de mutuo interese abordados para o crecemento e desenvolvemento de ambos territorios, como é o fortalecemento das relacións comerciais e a conexión coa colectividade galega no Uruguai. Nesta liña remarcou a capacidade exportadora de Galicia e o desexo de que medidas como o acordo da Unión Europea co Mercosur “por fin se materialicen”.

O presidente tamén destacou a importancia de manter vivo o legado cultural e lingüístico de Galicia no país, así como de traballar en programas que faciliten o retorno á nosa Comunidade daquelas persoas que o desexen, como é a Estratexia Galicia Retorna.

Estratexia Galicia Retorna

Segundo sinalou Rueda, esta política de retorno responde tamén ao desexo de recoñecer o pasado da emigración galega e retribuír a quen non deixou de sentirse galego a pesar da distancia: “Esta Galicia potente ábrese para ofrecer oportunidades a todos os que queiran volver”, salientou o presidente. Nesta liña, os programas de intercambio académico, cultural e científico establecidos entre Galicia e Uruguai tamén deben ser reforzados en prol do coñecemento.

Por último, o mandatario galego invitou ao presidente uruguaio a visitar a nosa comunidade e facer o Camiño de Santiago.

10 de marzo de 2025 | 18:42 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario