publicidade hoxe

O programa Galicia Investiga Igualdade que permitirá impulsar as carreiras científicas en materia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, destacou que a Xunta de Galicia vai poñer en marcha este ano o programa Galicia Investiga Igualdade e que beneficiará a unha decena de estudantes predoutorais para que poidan impulsar as súas carreiras científicas en materia de xénero. Así o sinalou durante a súa intervención na mesa redonda ‘As institucións como garantes da igualdade’ que organizou a Universidade de Vigo.

María Quintiana fixo fincapé en que o Executivo galego inviste 300.000 euros nesta primeira edición dunha iniciativa “pioneira que permitirá seguir impulsando o perspectiva de xénero na investigación en xeral”. Así, trasladou que o obxectivo do programa é dotar dar ás persoas investigadoras de competencias específicas relacionadas coa igualdade de xénero, mellorar o coñecemento desta materia, as condicións e posicións das mulleres e homes nos diferentes ámbitos sociais.

Neste sentido, a directora xeral trasladou a necesidade de fomentar a investigación de xénero para seguir mellorando as políticas de igualdade e adaptalas á situación real que viven moitas mulleres e mozas. Ao respecto, Quintiana sinalou a importancia tamén de impulsar a presenza feminina no eido da investigación e dotalas de ferramentas que lle permitan sacar adiante os seus traballos e ter o recoñecemento que lle corresponde.

Así, a directora xeral recalcou o compromiso da Xunta de Galicia para seguir colaborando coas institucións educativas para poñer en marcha programas e iniciativas que permitan mellorar a igualdade de xénero en todos os ámbitos sociais, especialmente aqueles nos que as mulleres teñen máis barreiras.

12 de marzo de 2025 | 16:19 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario