publicidade hoxe

Convócanse axudas a entidades sen ánimo de lucro que favorezan a inserción social e laboral de vítimas de violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaProvincias
A-
A+

A Xunta abre mañá, e durante un mes, o prazo para que as entidades sen ánimo de lucro se acollan ás axudas para financiar programas que promovan a inserción social e laboral de vítimas da violencia de xénero. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a convocatoria destas subvencións, que conta cun orzamento de 700.000 euros.

O importe máximo de cada axuda será de 80.000 euros e as propostas das entidades que se poden acoller a estas achegas son itinerarios de inserción que inclúan un plan de acción personalizado, orientación e asesoramento, acompañamento na busca activa de emprego ou intermediación laboral. Tamén se financian cursos de formación, actuacións de apoio á conciliación e bolsas para as participantes para compensarlles gastos de desprazamentos ou outros derivados da súa asistencia ás actividades do programa.

O Goberno galego apoia estes porque o emprego é un elemento clave para a recuperación integral das mulleres en situación de violencia de xénero. De feito, nestes programas establécese de xeito obrigatorio un obxectivo de inserción laboral de polo menos o 10% das participantes.

Desde 2016 a través desta liña de subvencións un total de 2.682 mulleres participaron nestes programas e 557 acadaron a súa inserción laboral.

10 de marzo de 2025 | 13:04 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario