O Sergas licita por máis 781.000 euros a vixilancia e seguridade dos centros sanitarios da área de Pontevedra e O Salnés
A Xunta, a través do Servizo Galego de Saúde, publicou no Portal de Contratos Públicos a licitación por 781.646,82 euros do servizo de vixilancia e seguridade de centros dependentes da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés por un prazo de seis meses.
O servizo prestarase as 24 horas do día de luns a domingo en Montecelo, no Hospital Provincial, no Hospital do Salnés e no centro de saúde de San Roque, en Vilagarcía, que tamén conta con punto de atención continuada. O contrato tamén contempla a prestación do servizo de luns a venres de 8:00 a 22:00 horas nos centros de saúde e os seus correspondentes puntos de atención continuada de Marín e, na cidade de Pontevedra, da Parda e Virxe Peregrina.
As empresas interesadas terán ata o día 17 de marzo para presentar as súas ofertas.