publicidade hoxe

A Feira do Cocido de Lalín co apoio da Xunta contribúe a enxalxar Galicia como un dos principais destinos gastronómico nacionais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLalínLocal PortadaPontevedraPortada dereitaProvincias
A-
A+

Xosé Merelles participou na presentación da cita no CSHG

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, salientou que segundo o Informe do Turismo Gastronómico en España 2023, Galicia é a terceira Comunidade elixida polos turistas gastronómicos para realizar unha viaxe onde a enogastronomía é o atractivo diferencial que máis valoran.

Xosé Merelles participou na presentación da Feira do Cocido de Lalín que tivo lugar no Centro Superior de Hostalería de Galicia e que contou coa presenza do alcalde lalinense, Xosé Crespo, e do cociñeiro Alejandro Iglesias que impartiu unha master class ao alumnado do CSHG.

Durante o acto, o director de Turismo de Galicia subliñou que, tal e como indica a publicación sobre turismo gastronómico en España, o 86,5% dos viaxeiros nacionais realizou polo menos unha viaxe ou escapada de carácter gastronómico nos últimos dous anos.

Ademais, o gasto turístico deste viaxeiro é maior que un habitual xa que inclúe visitas a adegas e mercados gastronómicos, consumo en distintos tipos de establecementos de restauración, a compra de produtos locais ou a participación en eventos gastronómicos.

Xosé Merelles referiuse á Feira do Cocido de Lalín, declarada de interese internacional desde 2020, que conta co apoio do Gobeno galego e da que salientou que se trata dun recurso turístico gastronómico de primeira orde que suma unha interesante axenda de actos paralelos e tamén que funciona como prólogo das festas do Entroido, tan arraigadas e con tanto significado na Comunidade Galega.

Puxo en valor este tipo de citas gastronómica e culturais que contribúen á política de desestacionalización do Goberno galego, incluída na Estratexia de Turismo de Galicia 2030. Así, lembrou que o pasado ano, o número de visitantes de Galicia incrementouse o 1,4% no mes de febreiro, coincidindo coa celebración do Entroido.

17 de febreiro de 2025 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.