publicidade hoxe

Rueda reivindica a ciberseguridade como prioridade estratéxica para garantir un entorno dixital confiable e atraer talento ao sector tecnolóxico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPontevedraPortada esquerdaVigo
A-
A+

Inauguración do novo Centro de Talento e Tecnoloxía de Telefónica en Vigo

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia da ciberseguridade como un eixo estratéxico para garantir un entorno dixital confiable e atraer talento ao sector tecnolóxico. “Detrás do teléfono móbil que todos levamos no peto hai moitísima tecnoloxía e moitísimos profesionais coidando de que todo funcione ben e intentando repeler posibles ataques”, asegurou.

Así o manifestou durante a inauguración do novo Centro de Talento e Tecnoloxía de Telefónica en Vigo, ao cal se referiu como unha mostra máis do potencial de Galicia para atraer investimentos e ser un referente no desenvolvemento de novas tecnoloxías como a IA ou a ciberseguridade. “Calquera iniciativa empresarial é benvida pero as que teñen que ver co futuro, coas novas tecnoloxías son absolutamente fundamentais”, indicou.

Así mesmo, valorou que este novo centro sirva tamén para reter e atraer profesionais cualificados, ofrecéndolles oportunidades para desenvolver a súa carreira en Galicia, situándoa como un territorio de oportunidades e crecemento. “É de agradecer que tanta xente moza, moi formada aquí, poida traballar sen ter que irse a outros lugares e poida medrar profesionalmente nun mundo tan cambiante”, apuntou.

Neste sentido, Alfonso Rueda puxo como exemplo a este centro desa “Galicia potente e esa Galicia Calidade”, algo que tamén representa, como lembrou, o feito de que esta terra vaia albergar a sede da AESIA (Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial).

Unha aposta firme pola ciberseguridade

O presidente da Xunta destacou que a dixitalización é clave para o desenvolvemento económico e social, pero que tamén supón novos retos, especialmente en materia de seguridade.

Neste contexto, a Xunta reservou máis de 21 M€ nos orzamentos autonómicos deste ano para reforzar a ciberseguridade (un 61% máis que en 2024) e impulsa proxectos como o Nodo Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal, pioneiro en España na colaboración público-privada neste ámbito, así como o futuro Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia de San Cibrao das Viñas, que entrará en funcionamento o vindeiro ano e será unha referencia na protección dixital.

30 de xaneiro de 2025 | 15:45 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario