publicidade hoxe

O Consello asesor de intelixencia artificial e espazo de datos da sanidade pública galega aborda o regulamento europeo de datos sanitarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaProvincias
A-
A+

A Consellería de Sanidade acolleu esta mañá unha nova reunión do Consello técnico asesor en intelixencia artificial e espazo de datos do sistema público de saúde galego na que diferentes especialistas analizaron o novo regulamento europeo de datos sanitarios.

Os expertos que compoñen o Consello técnico asesor avaliaron tamén as implicacións que terá a nova regulamentación europea especialmente no desenvolvemento de produtos e tecnoloxía do ámbito sanitario.

O Espazo europeo de datos sanitarios establecerá un marco de gobernanza para o uso de datos sanitarios electrónicos por parte dos pacientes e para a investigación, a innovación, a elaboración de políticas, a seguridade dos pacientes ou as estatísticas. Desta forma, fomentarase un espazo único de sistemas de historiais médicos electrónicos ou, entre outras cousas, facilitarase o intercambio de datos para a prestación de asistencia sanitaria en toda a Unión Europea.

Por outro lado, os profesionais analizaron a evolución do traballo realizado polos grupos de gobernanza de datos con fins de investigación e o establecemento dun mapa de demanda temperá en intelixencia artificial no sistema público de saúde de Galicia.

A Consellería de Sanidade considera as súas propostas fundamentais para desenvolver, entre outros temas, un modelo equitativo no acceso aos datos para proxectos de investigación, garantindo ao mesmo tempo os dereitos da cidadanía.

Galicia é a primeira comunidade autónoma en contar con especialistas que asesoren á sanidade pública de forma específica ao ter constituído o pasado ano o Consello técnico asesor en intelixencia artificial e espazo de datos do sistema público de saúde galego.

28 de xaneiro de 2025 | 16:07 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario