publicidade hoxe

A Xunta reclama aos axentes da cadea de valor do leite traballen a prol dun prezo que faga sostible o sector

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaProvincias
A-
A+

A conselleira de Medio Rural na reunión con Unións Agrarias

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, insistiu hoxe na necesidade de que todos os axentes da cadea de valor traballen conxuntamente para conseguir que os prezos do leite garantan a sustentabilidade deste sector estratéxico para o agro galego.

Así o trasladou a titular de Medio Rural con motivo dunha reunión de traballo mantida esta mañá en San Caetano co secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, na que tamén participaron outros responsables desta organización profesional e, por parte da Xunta, os directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño.

Na xuntanza, os representantes de Unións Agrarias presentáronlle á conselleira a campaña Prezo xusto xa! para o leite galego. María José Gómez explicou que a Xunta avoga claramente polo entendemento de todos os axentes sectoriais e remarcou que así llo trasladou tanto á industria como á distribución nas múltiples reunións que mantivo cos seus responsables, unha liña de traballo na que se comprometeu a seguir afondando.

Así, a conselleira sinalou que “o diferencial de prezos que ten Galicia co resto de España ten que irse reducindo, porque cremos que é unha situación inxusta”. E engadiu que “seguiremos a dialogar con todos os axentes de maneira que ese diferencial non exista, porque non debe existir”.

Do mesmo xeito, salientou a condición de Galicia de referente -mesmo europeo- pola calidade do seu leite e pola súa capacidade de produción. “Iso as industrias sábeno”, dixo, e “por iso apostaron por achegarse a Galicia e, de feito, teñen que apostar polos produtores galegos”. A mellor maneira de facelo, indicou, é “ofrecéndolles un prezo xusto”. Remarcou que “non queremos ser máis ca ninguén, pero tampouco ser menos, e os produtores galegos teñen que percibir o mesmo que o resto dos gandeiros españois”.

28 de xaneiro de 2025 | 15:53 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario