publicidade hoxe

A Xunta recibe 3 ofertas para executar unha glorieta na estrada LU-903 en Doade, no concello de Sober, cun investimento de case 368.000€

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaLugoPortada dereitaSober
A-
A+

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas recibe 3 ofertas para executar as obras dunha glorieta na estrada LU-903 en Doade, no concello de Sober, cun investimento de case 368.000€.

A Xunta prevé ter executadas as obras este mesmo ano, ao contar cun prazo de execución de 6 meses e ter avanzado o acto expropiatorio de levantamento de actas previas e fixada a formalización para o vindeiro 23 de marzo.

O obxectivo da actuación é facilitar os movementos de forma máis áxil e segura na intersección entre esta vía autonómica e a estrada provincial LU-P-5903, en Doade.

Trátase da execución dunha nova glorieta á altura do punto quilómetro 12+780 da LU-903, que terá un diámetro de 28 metros e permitirá regular a intersección actual dun modo máis funcional e seguro, contribuíndo á redución da velocidade nesa contorna.

A actuación incluirá a continuación das beirarrúas existentes, cara á marxe dereita da estrada autonómica e cara á vía provincial. Ademais, nos treitos anexos á glorieta e nos que non se habilite beirarrúa disporanse gabias transitables de seguridade, cun ancho variable, entre 1 e 1,5 metros.

A intervención completarase con obras de drenaxe, dispoñendo en ambas as marxes da estrada canalizacións das augas da chuvia; dotando de alumeado público, coa colocación de 14 luminarias LED; e rematando coa completa sinalización da glorieta, vertical e horizontal, balizamento e instalación de barreira de seguridade.

30 de xaneiro de 2025 | 15:41 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario