publicidade hoxe

Villares sinala que a Estratexia da Economía Azul de Galicia persegue valorizar o patrimonio e o turismo asociados ao sector da pesca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaProvincias
A-
A+

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiu este martes ao IV Encontro de Turismo da Costa da Morte, organizado por Costa Morte Asociación Turística (CMAT), destacando que a Estratexia da Economía Azul de Galicia tamén vai dirixida a valorizar o patrimonio cultural mariñeiro e o turismo que xurde ao redor do sector marítimo-pesqueiro, xerando de xeito directo novas oportunidades económicas para a poboación e o litoral galego.

Deste xeito, a raíz do acto, no que estivo acompañado polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, recórdase que a Estratexia da Economía Azul de Galicia aprobada a semana pasada destaca que a protección, a conservación e a promoción son tres elementos que definen esta folla de ruta da súa Consellería para impulsar a actividade pesqueira de cara a obter unha maior diversificación económica, cohesionando o territorio e contribuíndo a un maior desenvolvemento das zonas costeiras.

Costa da Morte na Estratexia de Turismo 2030

Asemade, a Costa da Morte será un destino protagonista na nova Estratexia de Turismo de Galicia 2030 que a Xunta de Galicia está a desenvolver para acadar unha proposta auténtica, sostible e diferenciadora doutras zonas no conxunto de España. Así o puxo de manifesto, pola súa banda, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, salientando os datos relativos ao número de viaxeiros que se aloxaron nos establecementos deste xeodestino. En total 147.816 turistas, un 6,3 % máis que no mesmo período de 2023. O turismo internacional medrou tamén un 19,5 %.

“O turismo está a ser un auténtico motor da economía dos distintos territorios”, ratificou o director de Turismo de Galicia destacando os últimos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que ratifican que “o emprego no noso sector rompía a barreira dos 3 millóns de ocupados no último trimestre no conxunto de España”. En Galicia, o turismo dá emprego a 129.530 persoas, o que representa o 11,2 % da poboación ocupada da comunidade.

Precisamente, tomando como punto de partida estes e outros datos, o Goberno galego elaborou a Estratexia de Turismo de Galicia 2030, un documento que tenta dar resposta aos grandes retos que se presenta no horizonte no sector. Xosé Merelles subliñou que son en total 64 medidas que propoñen medrar poñendo o foco no litoral e no rural; apostando por un turismo máis internacional e máis desestacionalizado; e no que se prime a convivencia coas comunidades locais, e no que as medidas e actuacións en sostibilidade supoñen un terzo de todo o orzamento da estratexia, que ascende a 1.000 M€.

IV edición

Diferentes personalidades do turismo do sector público e privado déronse cita no Pazo de Trasariz, en Vimianzo, onde compartiron os seus coñecementos para impulsar esta comarca. Esta cuarta edición tamén acolleu a entrega do II Premio Embaixador Costa da Morte que, desta volta, recaeu no fundador do grupo Luar na Lubre, Bieito Romero Copo. Os asistentes tamén puideron desfrutar da mostra de artesanía local e da exposición das fotografías do I Concurso Fotográfico Costa da Morte-Naturalmente Salvaxe.

13 de novembro de 2024 | 09:14 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario