publicidade hoxe

Rueda destaca o compromiso da Xunta coa atención aos maiores, a loita contra a soidade non desexada e a promoción dun envellecemento activo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaProvincias
A-
A+

O presidente galego no foro ‘Os retos dos sénior galegos’

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta mañá o compromiso da Xunta coa atención as persoas maiores, a loita contra a soidade non desexada e a promoción dun envellecemento activo para “poder vivir moitos anos e vivilos moi ben”.

Durante a súa participación no foro Os retos dos séniors galegos, organizado en Santiago de Compostela polo diario 65ymás, lembrou a aposta do Goberno autonómico por “reforzar as políticas sociais e sanitarias” para garantir que todos os maiores da comunidade reciben a mesma atención, vivan nas cidades ou no rural e teñan plena autonomía ou precisen coidados por algún tipo de dependencia.

Para mellorar a atención dos maiores que precisan algún tipo de coidado, a Xunta triplicou o número de prazas en residencias públicas desde 2009 ata chegar as 15.000 -e nos primeiros 100 días de Goberno se impulsou a creación de 1000 máis-; puxo en marcha o Bono Coidado no Fogar polo que 20.000 dependentes que son atendidos por un coidador nos seus domicilios reciben unha axuda de 5.000 €; impulsou unha rede de 120 Casas do Maior e promove o Servizo de Axuda no Fogar.

Envellecemento activo

Por outra banda, o Goberno autonómico conta con diferentes medidas para promover o envellecemento activo coma o programa Benestar en Balnearios -con estancias para maiores de 60 anos- ; as aulas sénior nas tres universidades galegas; a gratuidade á hora de viaxar en transporte público autonómico ou a posta en marcha do Carné +65 para desfrutar de descontos en establecementos e servicios.

Ademais a Xunta ultima a Estratexia Galega de Atención á Soidade non desexada para traballar na prevención, detección e intervención que complementa con iniciativas como Xuntos polo Nadal, ao mesmo tempo que traballa en medidas para paliar o edadismo na poboación galega.

Aproveitamento do talento sénior

Alfonso Rueda tamén quixo enxalzar a gran fonte de coñecemento e experiencia que representan os sénior. Un feito polo que o Goberno galego orienta as políticas activas de emprego a seguir mellorando o mercado laboral e a incrementar as oportunidades de colectivos con máis dificultades para acceder a un traballo a través de iniciativas como o programa de incentivos á contratación Galicia Emprega ou o voluntariado interxeracional no medio rural. “Toda esa xente que quere seguir traballando creo que hai que aproveitalo”, indicou.

Así mesmo, lembrou que a Comunidade foi seleccionada por un comité internacional para analizar a súa calidade e lonxevidade, así como a súa posible catalogación como Zona Azul, unha mostra máis desa “Galicia Calidade”.

10 de setembro de 2024 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.