publicidade hoxe

Preto de 30.000 nenos e as súas familias benefícianse do programa de conciliación da Xunta, ao que se destinan 7,7 M€

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaProvincias
A-
A+

O Plan Corresponsables da Xunta de Galicia xa beneficiou no que levamos de ano a preto de 30.000 nenos e as súas familias, cun investimento de 7,7 millóns de euros. A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá aos rapaces que participan no campamento ‘Verán Activo’ no CPI Antonio Orza Couto, onde se desenvolve ata a vindeira semana este programa de lecer e conciliación.

A través deste Plan, o Executivo autonómico achega recursos a case 170 concellos, unha vintena de entidades sociais e 60 asociacións de nais e pais (Anpas) para que poñan en marcha iniciativas que axuden a compaxinar a vida laboral e familiar, non só durante os meses de verán, senón durante todo o ano. Así, coas axudas deste Plan desenvólvense campamentos, obradoiros, actividades de lecer ou servizos de madrugadores nos centros, entre outras propostas.

Fabiola García destacou a aposta do Goberno galego pola conciliación, que se pon de manifesto en medidas como a campaña de verán máis ambiciosa da historia, con campamentos dirixidos especificamente a persoas con discapacidade; ou a gratuidade do 100% das escolas infantís (públicas, privadas e de iniciativa social) para máis de 32.000 familias. Tamén se referiu á creación dunha ampla rede de casas niño, máis de 100 que atenden a máis de 500 nenos que viven no rural ou o Bono Concilia Familia para axudar a sufragar os gastos de servizos de conciliación.

4 de setembro de 2024 | 19:00 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario