publicidade hoxe

A Xunta salienta a súa aposta polo turismo náutico cun investimento de máis de 3 M€

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaProvincias
A-
A+

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, participaron hoxe no izado de bandeira Q de Calidade, S de Sostibilidade e Bandeira Azul ao Club Náutico de Portonovo. No acto, o director de Turismo de Galicia salientou a “importancia estratéxica” que o turismo náutico ten para o Goberno autonómico cun investimento de máis de 3 M€ para a mellora das infraestruturas dos portos deportivos que destina este ano.

Como recordou, a Xunta de Galicia, ao abeiro dos fondos europeos Next Generation emprendeu primeiro un investimento de máis de millón e medio de euros para acondicionar os portos da Ruta Traslatio e destinou despois outros máis para o resto de portos deportivos “coa intención de que estean nas mellores condicións de eficiencia enerxética, accesibilidade e modernización”, indicou.

Neste sentido, recordou que a calidade turística é un dos elementos fundamentais nos que traballa a Xunta de Galicia en todas as direccións, como demostra tamén o seu traballo e asesoramento para que infraestruturas como os portos deportivos poidan acadar tamén recoñecementos como a Q de Calidade Turística ou a S de Sostibilidade turística, que se complementan con outros recoñecementos como a Bandeira Azul.

Aposta pola calidade

En total, 10 portos de titularidade autonómica, a través de Portos de Galicia, veñen de conseguir este ano o distintivo Bandeira Azul que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, ADEAC, e que recoñece a calidade das instalacións e servizos dos peiraos deportivos, entre outros. Ademais, 16 portos deportivos pecharon o ano 2023 coa Q de Calidade Turística. Ademais, Xosé Merelles puxo de manifesto o papel que o Club Náutico de Portonovo pode ter neste impulso ao turismo náutico e recordou a positiva evolución da turismo este ano, con altos niveis de rendibilidade hoteleira no primeiro semestre do ano e con máis de 2,8 millóns de viaxeiros aloxados, un crecemento do 2,4 %.

5 de agosto de 2024 | 15:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.