publicidade hoxe

A Xunta renova a colaboración coas federacións de asociacións de veciños co obxectivo de mellorar a calidade de vida da cidadanía a través destes colectivos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaProvincias
A-
A+

A Xunta renova un ano máis a colaboración coa Confederación Galega de Asociacións Veciñais (Cogave) e cinco das súas federacións veciñais para apoiar o funcionamento e as actividades destes colectivos en toda Galicia. O orzamento destinado a esta medida ascende a 73.000 euros.

O compromiso do Goberno galego materializouse a través do convenio asinado entre o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e os presidentes de Cogave, Fernando Rois; da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana, María Luisa Varela; da Federación de Asociacións de Veciños Roi Xordo de Ferrol, Andrés Medín; da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo Lucus Augusti, Jesús Vázquez; a Federación de Asociacións de Veciños de Ourense Limiar, Manuel Mosquera; e da Federación de Asociacións de Veciños de Pontevedra Castelao, Juan Manuel Loureiro.

A iniciativa enmárcase no compromiso da Xunta co asociacionismo veciñal, como instrumento de dinamización social e cultural no eido local. O obxectivo é axudarlles ás asociacións a levar a cabo actividades que repercutan no benestar da cidadanía, como colectivos máis próximos á veciñanza para atender e canalizar as súas demandas.

Nesta liña, Cogave ten como un dos seus obxectivos primordiais dinamizar o movemento veciñal de Galicia, dando os servizos que as federacións confederadas demandan para garantir o mellor funcionamento e as melloras necesarias para o desenvolvemento óptimo na comunidade, o que redunda dun xeito directo en cada unha das persoas que a conforman.

Máis medidas de apoio

A colaboración da Xunta coas federacións e asociacións de veciños materializase non só a con este acordo, senón tamén con axudas no marco do Plan específico de acción comunitaria a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais. Esta medida, dotada con tres millóns de euros, beneficiou o ano pasado máis de 300 entidades locais, a meirande parte delas, 171, asociacións veciñais entre as que se distribuíron máis de 1,5 millóns de euros para melloras nas súas instalacións e a adquisición de equipamento.

19 de agosto de 2024 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.