publicidade hoxe

A Xunta apoia os programas da asociación de mulleres con discapacidade de Galicia para fomentar a igualdade e combater a violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaProvincias
A-
A+

María Quintiana e Roberto Barba na reunión con Acadar

A Xunta estuda abrir novas liñas de colaboración coa Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar), entidade que leva 15 anos traballando pola plena inclusión e a igualdade efectiva de oportunidades das mulleres con discapacidade. A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, reuníronse esta mañá con responsables de Acadar co fin de analizar algúns dos programas que esta asociación ten en marcha e que contan co apoio económico das súas áreas.

Así, o Goberno galego concede axudas á entidade para fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, previr combater as agresións machistas e poñer en marcha distintas iniciativas como o programa ‘Enrédate’, dirixido a mulleres en situación de vulnerabilidade ou a guía “Violencia sexual dixital cara ás nenas e mulleres con discapacidade”. A Xunta tamén contribúe ao mantemento do servizo ‘Dedaleira’ que desenvolve a asociación e que se centra en tarefas de información e asesoramento afectivo-sexual.

Por outra parte, María Quintiana e Roberto Barba felicitaron a Acadar pola recente concesión dunha das medallas Emilia Pardo Bazán. Con este galardón, a Xunta recoñece as accións desta asociación na defensa da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes no seu papel como única entidade específica de mulleres con discapacidade de Galicia.

1 de agosto de 2024 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.