publicidade hoxe

Miranda recibe aos participantes no programa Escolas Abertas que comeza no Centro Superior de Hostalería de Galicia

Miranda recibe aos participantes do programa Escolas Abertas

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá no aeroporto de Santiago de Compostela-Rosalía de Castro aos participantes do programa Escolas Abertas.

En total, participarán 74 profesores e directivos de entidades galegas do exterior, 44 de América e outras 12 de Europa e resto de España. Estas xornadas celebraranse do 4 ao 16 de xullo no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, en Santiago de Compostela.

Este programa, que leva desenvolvéndose varias décadas, está dirixido ás entidades galegas do exterior e permite dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, de confección de traxes tradicionais galegos, baile e un curso de formación de directivos para actualizar e modernizar as entidades.

Trátase de cursos presenciais que pretenden garantir a participación da cidadanía galega no exterior tanto na vida social como na vida cultural de Galicia, de cara a dinamizar as comunidades galegas de Europa e América. Durante unha semana, as e os participantes recibirán tamén a visita de recoñecidos músicos de prestixio galegos.

3 de xullo de 2024 | 15:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.