publicidade hoxe

A Xunta reverte ao Concello de Ourense os terreos do Centro de Interpretación dos Parques Naturais de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaOurenseOurensePortada dereitaProvincias
A-
A+

A Xunta, a través da Consellería de Facenda e Administración Pública, acaba de asinar a entrega por reversión dunhas parcelas sitas na proximidade do río Miño ao Concello de Ourense, tal e como reclamaba a administración local.

Previamente, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, como consellería que dispoñía da adscrición destes bens, informou favorablemente sobre esta solicitude.

Así pois, a raíz deste trámite, o Concello de Ourense volve ter a propiedade deses terreos.

29 de xullo de 2024 | 13:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.