publicidade hoxe

A Xunta e Agalcari asinan un convenio para impulsar a promoción do patrimonio marítimo galego e o fomento da carpintería de Ribeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaProvincias
A-
A+

Sinatura do convenio

A Consellería do Mar e a Asociación Empresarial Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari) asinaron un convenio co fin de financiar as actuacións dirixidas á dinamización e fomento da carpintería de ribeira. Esta entidade desenvolve actividades de recuperación, conservación e divulgación do patrimonio marítimo galego, con especial énfase na defensa e promoción dos intereses económicos, sociais e culturais dos seus afiliados mediante unha constante labor formativa. O documento asinado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o representante de Agalcari, Ramón Collazo, recolle unha aportación por parte da administración autonómica de 30.000 euros para executar as accións previstas, entre as que están o fomento da recuperación do patrimonio marítimo flotante e a promoción das embarcacións tradicionais.

Alfonso Villares destacou a importancia dun traballo nacido da sabedoría popular que constitúe un auténtico proxecto de país, pois a fabricación de barcos de madeira favorece a silvicultura sostible e vincula a dúas industrias estratéxicas, como son a forestal e a marítimo-pesqueira. Ademais, enxalzou o traballo de Agalcari para dignificar a construción duns barcos cunha pegada de carbono próxima a cero e con pezas cen por cen reciclables, en procesos sustentables e cada vez máis optimizados con novas técnicas que permiten que se utilicen para renovar a flota da industria auxiliar da acuicultura ou de pesca artesanal.

10 de xullo de 2024 | 15:03 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario