publicidade hoxe

A Xunta apoia un ano máis o Atlantic Fest para reforzar a Marca Galicia a través dos festivais

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, comprometeu o apoio da Xunta de Galicia ao Atlantic Fest en tanto que se trata dunha cita “diversificada e con personalidade propia” que contribúe a incrementar os atractivos da oferta turística de Galicia. Neste sentido, recordou que o apoio se enmarca na estratexia do Goberno autonómico por reforzar a marca turística Galicia a través dos festivais.

Durante a súa intervención, o director de Turismo de Galicia subliñou que estes meses “Galicia énchese de música, de propostas para ocio, para o gozo e para o tempo de descanso de quen opta por este destino para o seu descanso estival”. Nesta axenda, ocupan un lugar destacado os distintos festivais onde se combina aspectos coma “a paisaxe, a gastronomía, a viticultura e a tradición, especialmente estratéxicos para a actividade turística”. Tamén puxo de manifesto a importancia de Vilagarcía de Arousa no modelo turístico galego que, ademais deste festival, vén de sumar novos servizos para os visitantes. Referiuse, en concreto ao novo centro de recepción de turistas náuticos que a Xunta de Galicia levará a cabo coa Autoridade Portuaria no Porto de Vilagarcía ao abeiro do Plan Xacobeo Next Generation e que vén de ser autorizado.

Para Xosé Merelles esta mestura de distintos elementos dan lugar a que festivais coma o Atlantic Fest supoñan “un plus máis ao tempo que pon en valor outros valores que defendemos e promovemos desde a Xunta de Galicia”, entre os que se atopan a sustentabilidade, o desenvolvemento económico e a divulgación e promoción dos valores identitarios do territorio como piares dunha oferta turística propia.

Neste punto, o director de Turismo de Galicia, destacou as cifras alcanzadas na pasada edición do Atlantic Fest con 30.000 asistentes, 300 postos de traballo creados de forma directa, e máis de 100 empresas involucradas na organización e realización do festival. Xosé Merelles tamén tivo palabras de eloxio para a ocupación de aloxamentos na zona que alcanzou o 100% e para os 6M€ de impacto económico. O acto tamén contou coa presenza, entre outros, da directora xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera.

Artistas e grupos

O Atlantic Fest terá lugar o 19 e 21 de xullo e contará coas actuacións xa o mesmo venres dos artistas Carlos Ares, The Parrots, Alcalá Norte, Rocío Saiz, Gazella e Grande Osso. O sábado 20 están previstas as actuacións dos Planetas, Crystal Fighters, Sílvia Pérez Cruz, Carlos Sadness, Derby Motoreta’s Burrito Kachimba, Depedro, Cariño, Luis Fercán, Florent e Eu e Dani Dicostas.

O domingo, último día do festival, actuarán Mika, Sidonie, Elefantes, Andrés Suárez, As Dianas, Grande Osso e Rocío Saiz.

10 de xullo de 2024 | 14:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.