publicidade hoxe

Sanidade e o Clúster Saúde de Galicia reúnense para explorar e impulsar novas sinerxías co obxecto de posicionar o sistema sanitario galego como referente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaProvincias
A-
A+

Xuntanza presidida polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño

A Consellería de Sanidade e o Clúster Saúde de Galicia, celebraron unha reunión estratéxica co obxectivo de avanzar cara a unha maior colaboración así como explorar futuras sinerxías, desenvolver novas oportunidades e posicionar ao ecosistema de saúde galego como un referente a nivel nacional e internacional.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presidiu o encontro, destacando a importancia desta colaboración. “É esencial que traballemos de maneira conxunta para fortalecer o noso sistema sanitario e maximizar as nosas capacidades. Estas reunións son fundamentais “para potenciar a Galicia como líder en innovación e calidade no sector saúde”, sinalou Gómez Caamaño. No encontro participou tamén Antonio Fernández-Campa, xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde.

Durante a reunión, abordáronse diversos temas clave, incluíndo a mellora da coordinación entre os diferentes niveis do sistema sanitario, a adopción de novas tecnoloxías e a promoción da innovación na atención sanitaria. Así mesmo, avaliáronse  estratexias para fomentar o desenvolvemento industrial do ecosistema de saúde, a internacionalización do sector, a capacidade de Galicia como referencia en envellecemento activo e as oportunidades que representa a lonxevidade da nosa poboación.

A presidenta do Clúster, Rocío Mosquera, resaltou a relevancia desta alianza: “O noso obxectivo é crear un ecosistema colaborativo que potencie as capacidades de todos os actores do sector saúde. Este encontro reforza o noso compromiso co desenvolvemento dun sistema de saúde de excelencia, con proxección global”.

Ambas as partes coincidiron na necesidade de seguir traballando conxuntamente para identificar e aproveitar sinerxías que permitan mellorar o ámbito da saúde galego, entendendo este no seu sentido máis amplo. Desta forma, acordouse establecer un plan de acción conxunto que incluirá a realización de encontros periódicos para avaliar os avances e axustar as estratexias segundo os resultados obtidos.

Con este tipo de iniciativas, Galicia posiciónase como unha rexión innovadora e comprometida coa excelencia sanitaria, preparada para liderar o camiño cara a un sistema de saúde máis eficiente, integrado e centrado nas persoas.

6 de xuño de 2024 | 19:19 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario