publicidade hoxe

Rueda reivindica o papel da actividade turística na posta en valor do patrimonio e dos bens culturais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaProvincias
A-
A+

Rueda na visita á Illa de Sálvora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe o papel da actividade turística na posta en valor do patrimonio e dos bens culturais.

Así o manifestou na visita que fixo ás obras do Plan de Revalorización do Faro da Illa de Sálvora, acompañado da Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e do director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles. Unhas obras coas se pretende unha restauración estrutural do faro e convertelo en centro de observación turístico-científica, co que se dará un novo pulo á divulgación científica e á promoción da fauna e flora da zona. Algo que, afirma o presidente, se fará mantendo a esencia do lugar: “Sabemos perfectamente onde estamos e sabemos que o valor fundamental de este lugar e conservalo”, resaltou.

Na súa intervención, o presidente da Xunta destacou o plan de rehabilitación de 12 Bens de Interese Cultural, que vai incluído no Plan Xacobeo Next Generation, como paso imprescindible para avanzar no coidado e mantemento do patrimonio galego: “Temos uns tesouros aquí que hoxe poñemos un pouco máis en valor”, afirmou.

O mandatario galego quixo destacar as boas cifras deste primeiro trimestre no turismo de Galicia: “Hai menos de catro anos non sabíamos cando ía a recuperarse o turismo e este ano estamos en camiño de superar os oito millóns de visitantes”, destacou. No que levamos de ano, aloxáronse máis de 1,3 millóns de viaxeiros, o turismo internacional continuou medrando, cun ritmo do 5%, e o sector hoteleiro está a rexistrar os seu mellores datos económicos.

Neste sentido, salientou a importancia dun turismo respectuoso co medio ambiente, e que avance en investigación e en mantemento dos bens culturais: “Hai que sabelo facer. Estamos nun momento turístico fantástico e actuacións como esta, de poñer en valor o noso, é como imos conseguir que todo isto vaia medrando sen que se nos vaia de mans e que siga creando cada vez máis riqueza en cada vila de Galicia”, finalizou o presidente.

6 de xuño de 2024 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.