publicidade hoxe

O goberno galego destina máis de 300.000 euros ás axudas para o control da calidade de produtos agroalimentarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaProvincias
A-
A+

A Consellería do Medio Rural vén de publicar a resolución pola cal se dan a coñecer as axudas concedidas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias, dotadas cun total de máis de 300.000 euros.

Os beneficiarios son o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), así como as denominacións de orixe vitivinícolas: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras; as denominacións de orixe protexidas: Arzúa-Ulloa, Cebreiro, Queixo Tetilla e San Simón da Costa; os das indicacións xeográficas protexidas: Castaña de Galicia, Mel de Galicia, Pan de Cea, Pataca de Galicia e das de Carne de Vacún de Galicia; e o Consello Regulador da indicacións xeográficas das Aguardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

A finalidade destas axudas é apoiar as actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos. Estas achegas favorecen o elevado nivel de rigorosidade necesario nas tarefas de seguimento das denominacións de calidade.

Nesta liña, foron subvencionadas actuacións encamiñadas ao dito control e a estudos, investigacións e o desenvolvemento de plans para a mellora da calidade dos produtos obxecto de protección ou os gastos relacionados coa acreditación do consello regulador como entidade certificadora e para o seu mantemento.

25 de xuño de 2024 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.