publicidade hoxe

A Xunta concede máis de 2 M€ para programas de conciliación e de atención a mulleres vulnerables

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaProvincias
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da orde de máis de 2 millóns de euros en subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres especialmente vulnerables e para iniciativas de conciliación no marco do Plan Corresponsables.

Máis de 70 asociacións, federacións e ONG de diferentes ámbitos e das catro provincias galegas resultaron beneficiarias das axudas para desenvolver programas de recursos integrais de atención de mulleres vulnerables, cun investimento por parte da Xunta de 1,8 millóns de euros.

No caso do Plan Corresponsables, o Goberno galego destinará outros 300.000 euros a 16 entidades, tamén nas catro provincias, orientadas a facilitar a conciliación das familias con menores a cargo de ata 16 anos de idade.

Estas iniciativas consisten na creación de bolsas de coidado profesional, a través da creación de emprego de calidade neste sector, e no impulso de plans de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias.

Reunión con ADICAM en Vigo

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, reuniuse hoxe con representantes da Asociación de persoas afectadas de cancro de mama e xinecolóxico (Adicam) en Vigo. Durante o encontro lembrou que estas mulleres son tamén obxecto destas axudas por vivir situacións especialmente difíciles que lles afectan no seu benestar físico e emocional.

Neste sentido, comprometeu que o Goberno galego seguirá destinando fondos e programas que permitan mellorar o seu día a día e reverter aquelas situacións de vulnerabilidade que poidan sufrir.

6 de xuño de 2024 | 19:22 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario