publicidade hoxe

Rueda iniciará en xuño unha rolda de contactos coa Fegamp, deputacións e alcaldes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, iniciará en xuño unha rolda de contactos cos presidentes da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e das catro deputacións provinciais; ademais de cos alcaldes das cidades cos que non se reuniu previamente, isto é, Vigo -que non acudiu ás anteriores roldas de encontros e xa manifestou o seu interese en facelo- e Lugo -tras asumir o cargo unha nova alcaldesa, sempre que así o solicite-.

O obxectivo é manter un diálogo continuo cos representantes das administracións locais e coñecer de primeira man as súas necesidades para, desta forma, habilitar vías de colaboración institucional que vaian en beneficio dos cidadáns.

É a terceira vez que o presidente da Xunta inicia unha rolda de contactos destas características. A primeira foi en 2022, uns meses despois de asumir o cargo, cando se reuniu cos alcaldes das cidades, agás Vigo. A segunda foi en 2023, cando mantivo xuntanzas cos alcaldes de Santiago de Compostela, Ourense, Ferrol, Pontevedra e Lugo.

30 de maio de 2024 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.