publicidade hoxe

As familias poderán consultar as listaxes provisionais de admitidos nas escolas infantís da Xunta para o curso 2024-2025

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaProvincias
A-
A+

A Xunta de Galicia publicará mañá a listaxe provisional de admitidos nas súas escolas infantís para o curso 2024-2025, que se poderá consultar na páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade. A partir do martes día 7 de maio e a ata o luns 13 abrirase un período para presentar alegacións.

As listaxes definitivas de admitidos nas máis de 170 escolas infantís da rede pública autonómica daranse a coñecer o día 31 deste mesmo mes, unha vez feito o cribado de solicitudes dun mesmo neno para varias escolas.

Unha vez publicada a relación de admitidos, as familias terán de prazo do 1 ao 14 de xuño para formalizar a matrícula dos seus fillos. O inicio do curso nos centros de 0 a 3 anos da Xunta está fixado para o 6 de setembro.

Gratuidade

No curso 2024-2025 a atención educativa será de novo gratuíta para o 100% do alumnado en todas as escolas infantís de Galicia durante oito horas ao día e once meses ao ano, tanto nas que forman parte da rede pública da Xunta como nas que dependen dos Concellos, nas de iniciativa social e nas privadas adheridas ao programa de gratuidade do Goberno galego.

5 de maio de 2024 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.